O BNG de Narón pide «máis espazos seguros» para os peóns

Os nacionalistas instan ao goberno local a incentivar o comercio e a hostelería promovendo feiras ao aire libre
estradadatrincheira

O grupo municipal do BNG de Narón demandou hoxe ao goberno local que mellore o plan de mobilidade que puxo en marcha a pasada semana, xa que, consideran os nacionalistas, «estanse a vivir situacións preocupantes».

O carril habilitado na estrada da Trinchera «está a resultar perigoso para os viandantes», din desde o Bloque, que creen que debería de habilitarse unha dirección enteira e facer o mesmo coa estrada de Castela. Tamén critican que se «expulsara a cidadanía» ao polígono de Río do Pozo e din que «esa non debe ser a solución».  Ademais, propoñen habilitar máis zonas peonís en barrios como Freixeiro, Piñeiros ou A Solaina e crear «unha senda segura ao longo de todo o concello» como fixeron noutros municipios.

O BNG pide que se aumente a cesión de espazos de terrazas para os locais de hostelería de Narón e que se inicie unha campaña de promoción e apoio ao comercio local e se impulsen as feiras ao aire libre como impulso para os comerciantes.

Relacionadas