O Concello de Narón chamará diariamente aos seus veciños maiores de 75 anos

Este novo servizo ten como obxectivo monitorizar ás persoas máis vulnerables do municipio e coñecer o seu estado
AdobeStock_120072431-1024x684

O Concello de Narón anunciou a entrada en funcionamento dun novo servizo dirixido á cidadanía para a atención telefónica a persoas maiores do termo municipal que viven soas. Trátase dun servizo dirixido aos veciños e veciñas de máis de 75 anos, que recibirán unha chamada de persoal do Concello para saber como se atopan e se precisan algún tipo de axuda do Concello.

Ao longo de cada mañá, un equipo integrado por persoal funcionario do Concello encárgase de realizar as chamadas telefónicas seguindo un listado e do que forman parte as persoas maiores da zona urbana e rural maiores de 75 anos e que viven soas.

“Ao contactar con estas persoas, a maiores de interesarse polo seu estado de saúde e posibles necesidades, o persoal informa á veciñanza sobre outros servizos disponibles no Concello tras decretarse o estado de alarma”, apuntou a alcaldesa Marián Ferreiro. Entre estes últimos están o dos voluntarios de Protección Civil que ofrecen axuda para realizar a compra de alimentos e medicamentos e levalos ao domicilio, o de comedor do Centro de Maiores das Vivendas da Mariña e tamén outros como a habilitación de vales para alimentos ou a entrega de cubrebocas a domicilio.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.