O PXOM de Narón está pendente de dous informes do Goberno

A intención do executivo local é levalo ao pleno nos próximos meses
111216_1

O Concello de Narón acolleu unha reunión da Comisión de seguimento do Plan Xeral de Ordenación Municipal na que informouse sobre os trámites que actualmente se están levando a cabo desde o goberno local para revisar o PXOM actualmente en vigor, que data do ano 2002.

A reunión convocouse como un dos trámites previos á aprobación inicial do documento, que continúa á espera de dous informes de administracións supramunicipais, un do Ministerio de Fomento e outro da Demarcación de Costas. “Unha vez que se reciban eses informes, que marcarán os prazos seguintes para avanzar nos traballos pendentes de realizar, poderase dar comezo á fase de aprobación inicial do documento, que está prevista para os próximos meses”, explicou Ramos.

Coa revisión do PXOM da cidade, tal e como apuntou o edil, “na zona urbana continuarase avanzando nas tarefas de humanización, o que nos permitirá seguir desenvolvendo un urbanismo máis sostible”. Con este obxectivo está previsto completar a zona urbana con melloras da comunicación entre barrios e no que respecta a a zona rural, segundo indicou, “ampliarase a zona de chan de núcleo rural, no que está permitida a construción de vivendas, no máximo que autorice a Xunta de Galicia e en todos os núcleos do rural onde sexa posible, sempre respectando as normativas en vigor, como non pode ser doutro xeito, e atendendo ás restricións que se poidan dar en cada caso”.

En canto aos seguintes trámites, tal e como explicou Ramos, antes de proceder á aprobación inicial do texto convocarase outra reunión da Comisión de seguimento do PXOM, na que se presentará o documento de inicio e continuaranse solicitando desde as diferentes administracións, segundo as competencias de cada unha delas, os informes pertinentes para este tipo de procedementos. O documento someterase despois a exposición pública unha vez publicado oficialmente para que se presenten alegacións ao mesmo no caso de consideralo oportuno, explicou o edil naronés.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.