O Speis de Narón extingue un lume nun contedor de lixo da estrada de Castela

Foi a Policía Local a que deu aviso do incendio aos bombeiros na pasada noite do venres
Intervención Speis

Os bombeiros do Speis de Narón desprazáronse a pasada noite á altura do número 357 da estrada de Castela, tras ser alertados pola Policía Local da cidade da existencia dun contenedor do lixo orgánico ardendo. Nun primeiro momento os axentes da Policía Local cortan o tráfico na zona e proceden a sofocar o incendio cun extintor de polvo, debido á proximidade do contenedor a vehículos estacionados.

Unha vez que chegaron os bombeiros do Speis ao lugar aseguraron a zona e valoraron a posible afectación a vehículos. A continuación establecéronse as correspondentes pautas de intervención para extinguir o lume do contenedor, refrixerar as zonas circundantes a donde se localizaba e posterior movemento de masa orgánica afectada polo lume ata conseguir baixar a temperatura e controlala cunha cámara térmica.

A rápida intervención dos bombeiros do Speis fixo que non houbera que lamentar danos colaterais nin en vehículos próximos nin en mobiliario urbán localizado nese punto. Finalmente balizouse a zona por motivos de seguridade antes de regresar ás instalacións do Speis, no polígono de Río do Pozo, ás 23.50 horas.

Relacionadas