Neda urxe á Xunta a cofinanciar o saneamento da Ría de Ferrol no municipio

Aínda é necesario invertir sobre 2 millóns de euros para eliminar os verquidos á ría, unha contía inasumible para as arcas municipais
72781749_926049864443424_2249071014803668992_o

O Concello de Neda demanda urxentemente a colaboración económica da Xunta de Galicia para executar os investimentos millonarios necesarios en materia de saneamento para poñer fin aos verquidos á ría de Ferrol. Uns investimentos que superan os dous millóns de euros segundo as estimacións da Administración local.

Así o puxo de manifesto esta mañá o alcalde de Neda, Angel Alvariño, que comparecía en rolda de prensa xunto á tenente  de alcalde e concelleira de Servizos Sociais, Ana Rosa Pena, e a concelleira de Educación e Deportes, Angeles Puentes.

Exclusión de Neda por parte da Xunta

Alvariño quixo levantar a man e poñer o foco sobre a realidade de Neda, o único concello da ría que, inexplicablemente, quedou fóra do saneamento proxectado pola Xunta e dos proxectos de construción dos colectores para a marxe norte e sur da ría.

A partir de aí, o Concello foi asumindo diferentes intervencións nesta materia. A última, por importe de 120.000 euros e coa axuda da Deputación, o que permitiu a recollida de pluviais e fecais dende a zona do pazo da Merced, estación de ferrocarril e curva do Regueiro cara a estación depuradora.

En paralelo, o Concello foi redactando diversos proxectos. O último, tan só á espera das autorizacións pertinentes: o saneamento na zona comprendida entre o río Basteiro e a depuradora. Un proxecto valorado en 550.000 euros moi necesario para poñer fin ás filtracións detectadas nos análises na estación depuradora.

Ligado a este, o Concello prevé sacar a contratación a redacción do proxecto para conectar Xuvia co río Basteiro e, deste xeito, poñer fin ao ciclo do saneamento no municipio, dando unha solución prácticamente definitiva aos verquidos á ría.

Tan só pendente de pequenas actuacións sobre o río Belelle

Nesta liña, o alcalde mostrou a súa preocupación pola falta de resposta por parte de Augas de Galicia, xa que nun principio o anterior director do ente comprometérase a colaborar na financiación, pero co cambio de responsable a promesa quedou niso.

Para Alvariño resulta inexplicable que dende hai 3 anos Augas de Galicia agrave a situación con continuas multas ao Concello de Neda por verquidos á ría cando está actuando no marco das súas posibilidades financieiras. Para o alcalde, a única saída é a cofinanciación, tal e como se fixo cos colectores norte e sur da ría.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.