Os Bombeiros de Ferrol e o GES de Mugardos acudiron onte ao incendio dunha vivenda abandonada en Neda. Os corpos de emerxencias recibiron unha chamada de alerta duns veciños pasadas as sete da tarde para informar de que unha casa na aldea de Os Castros estaba en chamas.
Aínda que o inmoble estaba abandonado, era frecuentado por ocupas que vivían temporalmente nel. De feito, atopáronse deceas de enseres persoais dos posibles habitantes. Todavía non se determinou a orixe do incendio, pero todo apunta a algún posible descuido destes moradores.
As chamas, según informaron os bombeiros, tiñan bastante virulencia e calcinaron por completo o interior da vivenda tras máis de dúas horas de traballo por parte das dúas unidades de emerxencia. A Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil tamén participaron no operativo.
Discussion about this post