O campo da feira de Neda, en Albarón, conta con novas especies arbóreas tras a plantación realizada polo Concello. En total, 23 exemplares que sustituíron ás arbores secas que a Administración local se víu obrigada a retirar hai uns meses por cuestións de seguridade.
Unha plantación que respondeu a criterios ecolóxicos e estéticos, pero tamén de funcionalidade, xa que se ampliou a zona de sombra no parque infantil, da que ata ese momento carecía. Trátase pois de árbores frondosas caducifolias, que varían en aspecto segundo a estación. Cores, flores e aroma na primavera e verán e diferentes tonalidades propias do outono.
Plantáronse seis exemplares de fagus sylvatica; catro de fagus sylvatica atropurpurea (faia vermella), catro fraxinus angustifolia “raywood” (freixo vermello); dous tilias de folla pequeña e outras tres de folla grande; tres pradairos reais (acer platanoides) e un ginkgo biloba (gymko).
A distancia de plantación foi de cinco metros entre árbores, coas correspondentes proteccións, e realizouse entre o centro de saúde, o parque infantil e o camiño de pedra; entre este e a estrada; na parte superior do campo da feira, entre a farmacia de Muchiqueira e a estrada, e entre as dúas estradas.
Discussion about this post