O Concello de Neda celebrará o Día da Muller con actividades deportivas, culturais e educativas. A programación deseñada polas Concellerías de Benestar Social e Igualdade, Deportes e Cultura arrancará este venres 6 de marzo cunha clase aberta de ritmos latinos. Celebrarase no ximnasio municipal, entre as 18.00 e as 19.00 horas e a participación é libre e de balde.
Ao día seguinte, sábado 7 de marzo, a Casa da Cultura acollerá a representación da obra teatral cómica “Chola, a it girl”, a cargo de ArtesaCía. Dirixida a un público maior de 11 anos, a función dará comezo ás 20.30 horas con entrada a 2 euros e pódense adquirir no centro cultural (este xoves 5 de marzo e venres 6 de marzo en horario de biblioteca e o sábado, dende unha hora antes do inicio da obra).
Así mesmo, o martes 10 de marzo, e baixo o título “Educación dende a igualdade”, o Concello programará no Instituto Fernando Esquío a charla “Educación sexual, emotiva e igualdade”. Impartida por Natalia Pérez Martínez, matrona no centro de saúde local, está dirixida ao alumnado de 3º e 4º curso da ESO.
Discussion about this post