Teatro, danza e formación protagonizan as actividades de Neda no Día da Muller

A programación municipal arrancará este venres cunha clase aberta de ritmos latinos no ximnasio municipal dende as 18.00 horas
P_Suceso_1442852999683_860_1000_U_6e9f46ea13dded62d63b9be5ac87a5ee

O Concello de Neda celebrará o Día da Muller con actividades deportivas, culturais e educativas. A programación deseñada polas Concellerías de Benestar Social e Igualdade, Deportes e Cultura arrancará este venres 6 de marzo cunha clase aberta de ritmos latinos. Celebrarase no ximnasio municipal, entre as 18.00 e as 19.00 horas e a participación é libre e de balde.

Ao día seguinte, sábado 7 de marzo, a Casa da Cultura acollerá a representación da obra teatral cómica “Chola, a it girl”, a cargo de ArtesaCía. Dirixida a un público maior de 11 anos, a función dará comezo ás 20.30 horas con entrada a 2 euros e pódense adquirir no centro cultural (este xoves 5 de marzo e venres 6 de marzo en horario de biblioteca e o sábado, dende unha hora antes do inicio da obra).

Así mesmo, o martes 10 de marzo, e baixo o título “Educación dende a igualdade”, o Concello programará no Instituto Fernando Esquío a charla “Educación sexual, emotiva e igualdade”. Impartida por Natalia Pérez Martínez, matrona no centro de saúde local, está dirixida ao alumnado de 3º e 4º curso da ESO.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.