O Concello de Ferrol pretende aprobar a peonalización da rúa Magdalena ata o 10 de xaneiro

Nos últimos días o voceiro municipal Julián Reina conversou cos hostaleiros e comerciantes lindeiros para analizar esta ampliación do tramo comprendido entre as rúas Coruña e Rubalcava
320b5ff7-d867-43bb-821b-82a18a2611e0

Julián Reina, concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación tratou na última semana con hostaleiros e comerciantes da rúa Magdalena a ampliación da peonalización ata o 10 de xaneiro no tramo comprendido entre as rúas Coruña e Rubalcava.

Visitas aos hostaleiros locais

Nos últimos días o concelleiro visitou porta a porta os establecementos para escoitar as súas impresións acerca dunha medida que ten como principal obxectivo «soster a actividade dos negocios hostaleiros e os postos de traballos do seu persoal», explicou esta mañá Reina.

PUBLICIDAD

Onte mesmo continuou coas súas visitas aos locais de dito tramo coa intención «de tomar o pulso a un sector co que o Concello está moi comprometido, aínda máis na situación na que estamos a vivir como consecuencia da pandemia pola Covid-19».

O concelleiro explicou que o consenso alcanzado para manter tres meses máis o corte ao tráfico rodado ao longo destas tres mazás é froito da solidariedade do tecido económico desta cidade, o cal busca con esta medida frear as perdas económicas xeradas pola pandemia. Aínda así, o Concello segue a estudar a peonalización definitiva.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.