O concello de Valdoviño compra 4.000 metros cadrados de terreo destinados a un aparcadoiro ao pé da Frouxeira

A pesar de que esta zona xa se utilizaba como tal o goberno local efectuará a opción de compra por un total de 139.000 euros
APARCADOIRO2

O alcalde de Valdoviño informou esta mañá do 17 de xullo da aprobación en pleno -por unanimidade- da modificación de crédito necesaria para afrontar a adquisición dunha parcela ao pé da praia da Frouxeira, a cal contará cun total duns 4.000 metros cadrados. Deste xeito o Concello local efectuará a opción de compra sobre os terreos, destinados a día de hoxe a equipamentos. Estes mesmos atópanse ao carón do cámping municipal A Lagoa e o custe da propiedade fixouse en 139.000 euros.

Inicialmente, o alcalde avanzou que o Concello manterá o seu uso como aparcadoiro para dar servizo aos usuarios e usuarias do areal. Uso hoxe posible grazas á cesión temporal por parte dos actuais propietarios a cambio do mantemento.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.