A Xunta, en coordinación co Servizo Público de Emprego Estatal ( SEPE) decidiu que, debido á situación excepcional que está a vivir a comunidade con motivo da emerxencia sanitaria por coronavirus, os demandantes de emprego non terán que renovar as súas demandas ata o próximo 30 de xuño.
Así mesmo, indican que se algún usuario necesita realizar algún trámite urxente poderá facelo a través da oficina virtual ou poñéndose en contacto de forma telefónica co centro de emprego que lle corresponda. Tamén quedan suspendidas as citas previstas de orientación laboral que se fosen a realizar de maneira presencial, así como as accións de formación para o emprego xestionadas ou financiadas pola Xunta, os talleres e os programas integrados.