O número de curados do Covid cuadriplica ao de contaxiados na área de Ferrol

Os casos activos descenderon nas últimas 24 horas ata 108 persoas e tamén o fixo o número de ingresos hospitalarios
92456522_2883321901763946_5679398674711445504_o (1)

A área sanitaria de Ferrol vén presentando desde finais de abril unha descenso importante no número de contaxios diarios por coronavirus e un aumento significativo de recuperados. Actualmente, según os datos da Dirección Xeral de Saúde Pública, o número de curados contabilizados polo Sergas —435— cuadriplica ao de casos activos —108— rexistrados no día de hoxe.

Un total de 99 contaxiados por Covid-19 atópanse pasando a corentena en illamento domiciliario e só hai 6 persoas ingresadas no Arquitecto Marcide e 3 na UCI. Onte faleceu unha muller diagnosticada con coronavirus, polo que o número de vitimas mortais desta pandemia na área de Ferrol ascende agora a 33 persoas, das cales 3 morreron en centros de maiores.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.