Os test realizados polo Sergas na área sanitaria de Ferrol rexistrou ata o día de hoxe 345 casos positivos, dous máis que onte. A meirande parte de eles, 309, atópanse nos seus domicilios baixo control médico telefónico e con síntomas leves.
Isto supón que soamente 36 doentes permanecen no hospital, unha das cifras máis baixas dende o inicio da crise sanitaria nas comarcas. Como referencia, o 1 de abril había 55 persoas hospitalizadas no Marcide, no Naval e no Juan Cardona. Respecto aos ingresados nas UCI tamén se reduxeron drásticamente ata os 7 doentes actuais, a metade que no inicio de mes. En total, xa se contabilizaron 61 altas hospitalarias.
A este números hai que sumar as vítimas mortais, que son 23 no total das comarcas. Dous faleceron na residencia As Fragas, de Pontedeume e o resto, 21, nos hospitais de Ferrol.