Un grupo de autónomos galegos decidiron crear unha plataforma baixo o nome “Autónomos de Galicia Unidos por COVID-19” coa que pretenden facer forza para reclamar ao Goberno central medidas concretas e directas que dean resposta ás demandas das pequenas empresas ante o parón económico que se aveciña pola crise sanitaria do coronavirus.
“Non sabemos o tempo que imos estar sen poder traballar ou empezar a ter ingresos, necesitamos axuda para sobrevivir. Esiximos ao Goberno que concrete urxentemente medidas económicas e de política fiscal para asegurar a estabilidade dos miles de traballadores que están é unha situación tan grave e vulnerable con perdas que xa son irrecuperables”, explican no seu manifesto.
Entre outras reclamacións, piden a anulación dá cota fixa mensual de autónomos, a liberación de impostos e de cobranzas e intereses de forma indefinida ata que se asegure a estabilidade do traballador durante e despois esta crise sanitaria ou que non se cobren os suministros básicos (luz, auga, telefonía) mentres dure a crise. Ademáis, insisten en que é imprescindible aliviar e axudar a salvar a miles de traballadores dunha situación inxusta “onde estamos bloqueados sen ingresos, sen presente nin futuro”.
A plataforma xa creo un grupo na web change.org no que levan recolliadas máis de 338.000 firmas e ademáis crearon un grupo de Whatsapp no que compartir dúbidas, experiencias e para pór en común a problemática que lles atinxe.
Segundo o anuncio realizado polo Goberno central aqueles autónomos que demostren que tiveron unha reducción de máis dun 75% da factuación do 1 ao 31 de marzo van cobrar unha axuda do 70% da base, que son apenas 660 euros, e estarán exentos da cuota de atónomos. Dende a plataforma critican a postura ya que, explican, o estado de alarma implatouse o día 14 e moitos autónomos xa tiñan facturado a metade do mes e polo tanto quedarían sen as devanditas axudas estatais. Ademáis, recordan que os que sí reciban os 660 euros terán que facer fronte, como mínimo, ao pago do alquiler do local e os suministros básicos.
Discussion about this post