Os concellos da Mancomunidade acordan adquirir de forma conxunta material de protección fronte ao coronavirus

Os nove municipios que forman parte da entidade impulsarán a compra de máscaras FFP2, efectivas contra o COVID-19
2020_03_25DistribucionEPI03

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol acordou hoxe aproveitar esta entidade para centralizar a adquisición de máscaras e material de protección, ante a escaseza de unidades no mercado. Na xuntanza telemática celebrada a última hora da mañá, analizouse a situación en canto ao material do que dispoñen a día de hoxe os nove concellos, que, pese aos esforzos que veñen facendo dende o inicio da crise, carecen de suficientes EPIs para satisfacer as necesidades que se van detectando entre persoal sanitario, traballadores de servizos sociais, membros dos equipos de emerxencias e poboación de risco en xeral.

Os asistentes coincidiron tamén en que a pesar do intenso traballo que están a realizar outras Administracións, o material recibido ata agora polos concellos non é suficiente nin proporcional. Ante esta situación, os rexedores acordaron impulsar os trámites para que a Mancomunidade o adquira para os nove municipios, aproveitando a economía de escala e eficiencia de centralizar a xestión neste órgano.

As compras da entidade supramunicipal centraranse nas máscaras do tipo FFP2, que ofrecen unha maior seguridade fronte ao coronavirus que as cirúrxicas ou as FFP1 e que son as que están a demandar principalmente os sanitarios pola súa efectividade.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.