La Consellería de Sanidade, a través da Dirección de Saúde Pública vén de confirmar que os positivos por coronavirus no área sanitaria de Ferrol ascenderon a 158 nas últimas 24 horas. Son 16 máis cos 142 casos rexistrados este domingo e que supuxeron o maior pico de contaxios rexistrado ata a data nas comarcas.
Do total de afectados, 109 están no seus domicilio baixo vixilancia sanitaria e 49 nos hospitais. Dos que están ingresados 10 están na Unidade de Coidados Intensivos e 39 hospitalizados en planta. Este elevado número de ingresos obrigou ao comité de crise para o COVID-19 do Complexo Hospitalario Universiario de Ferrol (CHUF) a habilitar unha nova planta -a terceira- no hospital Naval, xa que a sétima planta do Marcide só admite a 37 doentes en condicións de illamento. Esta nova estancia terá persoal de retén, por se hai baixas entre os sanitarios, e as mesmas características de illamento.
No Naval xa funciona tamén unha nova unidade de coidados intensivos para atender aos casos máis graves xa que no Arquitecto Marcide hay soamente 10 camas para este tipo de doentes.
En Galicia ascende a 3.476, deles 807 son da área da Coruña, 289 da de Lugo, 479 da de Ourense, 348 da de Pontevedra, 866 da área de Vigo e 529 da de Santiago.
Discussion about this post