Os datos rexistrados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade comezan a ser esperanzadores no área sanitaria de Ferrol. O crecemento do número de positivos vaise ralentizando a medida que pasan os días, aínda que siguen aumentando. No último rexistro se contabilizaron 269 casos, 26 máis co día anterior.
A boa nova é que cada vez son máis os casos leves que pasan a cuarentena na casa. Dos actuais positivos, só 34 están ingresados en planta e 17 permanecen máis graves nas unidades de coidados intensivos. O resto, 218 persoas, son casos leves que permanecen en illamento domiciliario baixo control sanitario.
Outro dos datos positivos e que o número de altas hospitalarias aumenta cada xornada e xa se deron 22 nos últimos dez días, o que significa que os tratamentos empregados para convatir o virus son cada vez máis eficaces.
Máis controis
Un dos motivos de que a pasada semana aumentasen exponencialmente o número de casos foi que se doblaron os controles realizados a sospeitosos de padecer o virus. Actualmente estanse practicando uns 100 PCR ao día, tanto no punto fixo instalado no Novoa Santos como nos centros de saúde ou a domicilio.
Este maior control da poboación afectada, fai que aumente cuantitativamente o número de casos, pero ofrece máis seguridade á hora de conter a expansión do virus, xa que se poden aillar aos doentes asintomáticos, impedindo que contaxien a outros.
Discussion about this post