Reganosa participará na comisión de recuperación económica da Xunta

O seu director xeral, Emilio Bruquetas, será un dos expertos que participe neste órgano consultivo
maxresdefault (2)

O ferrolán Emilio Bruquetas, director xeral de Reganosa, formará parte do comité de expertos para a recuperación económica que está organizando a Xunta de Galicia. O goberno galego decidiu impulsar esta comisión para «contar co asesoramento adecuado e definir as estratexias a seguir para que a comunidade estea preparada para a recuperación económica e para afrontar as consecuencias da situación sanitaria», explicaron. «Queremos contar cos mellores», insistiu Feijóo, co obxectivo de que Galicia «sexa capaz de facer fronte a esta crise da mellor maneira posible».

Este ógano consultivo reunirase por primeira vez a próxima semana e o seu obxectivo a medio plazo é abordar unha recuperación paulatina da economía galega e do mercado laboral, a través da determinación do impacto da emerxencia sanitaria, as medidas de restrición, a avaliación dos posibles escenarios de saída á crise e a achega de propostas económicas, laborais e fiscais para a reactivación.

O expresidente da Xunta Fernando González Laxe, o catedrático Santiago Lago, a vicegobernadora do Banco de Desarollo do Consello de Europa ou cargos de empresas como Inditex e a propia Reganosa, atópanse entre os expertos seleccionados para formar parte da comisión económica que asesorará ao Goberno galego para reducir o impacto da crise provocada pola COVID-19.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.