O ferrolán Emilio Bruquetas, director xeral de Reganosa, formará parte do comité de expertos para a recuperación económica que está organizando a Xunta de Galicia. O goberno galego decidiu impulsar esta comisión para “contar co asesoramento adecuado e definir as estratexias a seguir para que a comunidade estea preparada para a recuperación económica e para afrontar as consecuencias da situación sanitaria”, explicaron. “Queremos contar cos mellores”, insistiu Feijóo, co obxectivo de que Galicia “sexa capaz de facer fronte a esta crise da mellor maneira posible”.
Este ógano consultivo reunirase por primeira vez a próxima semana e o seu obxectivo a medio plazo é abordar unha recuperación paulatina da economía galega e do mercado laboral, a través da determinación do impacto da emerxencia sanitaria, as medidas de restrición, a avaliación dos posibles escenarios de saída á crise e a achega de propostas económicas, laborais e fiscais para a reactivación.
O expresidente da Xunta Fernando González Laxe, o catedrático Santiago Lago, a vicegobernadora do Banco de Desarollo do Consello de Europa ou cargos de empresas como Inditex e a propia Reganosa, atópanse entre os expertos seleccionados para formar parte da comisión económica que asesorará ao Goberno galego para reducir o impacto da crise provocada pola COVID-19.
Discussion about this post