Rescatado un pesqueiro á deriva a 22 millas de Cabo Prior

Os cinco tripulantes da embarcación foron remolcados por Salvamento Marítimo ata o porto da Coruña
salvamento66

Salvamento Marítimo tivo que realizar onte una operación de rescate dun pesqueiro pouco despois das 12 do mediodía. A embarcación, de nome «Pescalema», de 18 metros de eslora e con base no porto de Muxía, deu a voz de alarma por encontrarse á deriva debido a un fallo no motor.

O Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Finisterre foi o encargado de dirixir as operacións e enviou ao buque de Salvamento «María Pita», que localizou o pesqueiro a media tarde a 22 millas ao noroeste de Cabo Prior con cinco tripulantes. A embarcación foi remolcada ata o porto da Coruña, a onde chegou pasadas as 22.00 horas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.