A falla dun médico retrasa as citas no centro de saúde de San Sadurniño máis dunha semana

O Concello insta á xerencia do Sergas a que subsane a situación de precaridade ante a falta de persoal
centro-salud-san-sadurnino

O Concello de San Sadurniño vén de denunciar a situación na que se atapa o seu centro de saúde pola falta de persoal. Según explican desde o goberno local, a falla dun dos dous médicos de familia está provocando grandes retrasos nas citas. «Nesta situación o centro médico está dando citas a máis dunha semana vista -agás urxencias-, cando o habitual é obter vez para nun prazo de dous ou tres días», salientan. O Concello denuncia que se trata dun «problema habitual» cada vez que se producen baixas ou vacacións do persoal médico do Centro de Saúde e por iso volve demandar da Consellaría de Sanidade «que se garanta a cobertura permanente dos servizos».

Neste sentido, o Concello ten previsto rexistrar entre hoxe e mañá unha carta dirixida á xerencia de zona do SERGAS na que se insta ao servizo público a «corrixir unha situación reiterada nos últimos tempos» que se traduce na sobrecarga dunha das consultas e en demoras na atención «cando só hai un facultativo que deba asumir a relación de pacientes do que está ausente, sexa por razón de permisos ou debido a unha incapacidade temporal».

Unha situación de «merma na calidade do servizo» que, a xuízo do Goberno local, «se agrava nos casos en que o único médico dispoñible ten que saír para atender urxencias». O Concello denuncia, ademais, que o Centro de Saúde de San Sadurniño «vive nunha constante incerteza e precariedade«, recordando ao respecto a falla de servizo especializado de Pediatría «desde hai máis dun ano» e a recente interrupción temporal do servizo de Matronería, que obriga ás futuras nais a desprazarse a outros centros para seren atendidas.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.