A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 444, deles 136 son da área da Coruña, 36 da de Lugo, 46 da de Ourense, 59 da de Pontevedra, 84 da área de Vigo, 68 da de Santiago, e 15 da de Ferrol.
Ata onte Ferrol era unha das zonas co menor número de infectados por coronavirus de Galicia, con 8 casos positivos. Pero nas últimas 24 horas, esa cifra chegou case a dobrarse e son agora 15 os casos rexistrados pola consellería de Sanidade no área sanitaria ferrolá, que inclúe as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Trátase, segundo indica o SERGAS, de 7 novos casos aillados, que non corresponden cun foco concreto.
Fontes sanitarias indican que este crecemento repentino «era esperable en vista dos comportamentos experimentados noutras áreas». Tódolos expertos creen que será na segunda semana de abril cando se alcance o pico máis altos de contaxios no país, polo que «veremos máis días como este, no que medren de forma repentina os contaxios», explican dende o SERGAS. «É o crecemento natural deste virus. Estamos nun escenario constantemente cambiante e a previsión é que siga aumentando».
Dos 15 positivos por coronavirus, soamente tres están ingresados. Trátase de tres varóns de 35, 41 e 71 anos e o seu estado é estable. Os outros cinco casos permanecen en illamento doméstico. A estes casos hay que sumarle o do celador mugardés infectado no hospital de Oza da Coruña, que computa neste área sanitaria.