O Sergas vén de informar dunha nova vítima motal por coronavirus no área sanitaria de Ferrol. Neste caso, trátase dun home de 74 que fora diagnosticado de coronavirus e ingresado no CHUFG de Ferrol con patoloxías previas.
O de hoxe súmase aos cinco falecidos dende o pasado domingo, cando morreran dúas mulleres de 77 e 91 anos e outros dous falecidos desta semana semana, un varón de 69 anos que finou o luns, unha muller de 92 que faleceu este martes e outro home de 87 anos que morrou onte. Todos eles con patoloxías previas.
Discussion about this post