Un arco de desinfección «made in Narón» se instalará en empresas e hospitais de medio mundo

A firma Desinvirus, afincada en Río do Pozo, fabrica 300 unidades ao mes para clientes de toda España, Europa e América Latina
portada-4

O talento industrial de Ferrolterra pode axudar a moitas moitas empresas e institucións de todo o mundo a retomar a normalidade neste contexto de crise sanitaria global. A firma naronesa Desinvirus desenvolveu dous produtos revolucionarios para a hixienización de persoas en centros laborais, hospitais, hoteis ou calquera tipo de recinto cun alto tránsito de persoas.

Un dos produtos, que recibe o nome de DesinBox, é unha cabina de desinfección fabricada sobre a base dun contedor industrial. A medida que os usuarios pasan a través da cabina, a unidade fai un control de temperatura de cada un deles e identifica a aqueles con máis de 37º graos de temperatura facendo soar unha alarma. A unidade tamén conta con puntos de desinfección de máns mediante con hidroalcohol e, ademáis, realiza unha ducha cunha solución cun biocida inocua a cada unha das persoas que circula a través da cabina.

Pero o seu produto estrela é DesinPro. Trátase dun arco, como os de seguridade de calquera aeroporto, dotado de nebulizadores e que polas súas dimensións pódense instalar na entrada de calquera recinto. Ao paso de cada cliente realiza unha ducha de Anolyte, unha sustancia inocua para as persoas e 100% biodegradable, pero eficaz para a destrucción de calquer virus, fungo, bacteria o xermen.

 

 

Segundo explica o responsable da empresa, Borja Gómez, comezaron a traballar nestre proxecto unha semana antes do estado de alarma ante a previsión dunha situación como a actual. Un equipo formado por técnicos e enxeñeiros da comarca -«somos 100% Ferrolterra», explica orgulloso Borja- desenvolveu este prototipo e rexistrou a súa patente.

O éxito foi absoluto e dende fai dúas semanas xa fabrican as primeiras unidades en Narón, en colaboración con outra empresa do polígono de Río do Pozo, e contan xa cunha producción de 300 unidades ao mes. «Actualmente temos pedidos en gran parte da rede hospitalaria española, en multinacionais de todo o país e incluso La Liga fíxonos varios pedidos«, comenta Borja Gómez. A demanda foi tal que tiveron que habilitar tamén unha segunda fábrica en Portugal e en breve iniciarán as exportacións cara Europa e América Latina, onde tamén contan con varios clientes.

 

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.