As pemes e autónomos de Valdoviño afectados pola crise do Covid non pagarán a taxa de lixo

Con esta medida o goberno local pretende "aliviar a carga fiscal" dos pequenos negocios do municipio
101_503621267

As empresas e traballadores autónomos de Valdoviño que se visen obrigados ao peche ou cese de actividade a raíz do estado de alarma imposto polo COVID-19 poderán solicitar unha exención do pago da tasa do servizo de recollida do lixo. Así o aprobou o executivo municipal que preside Alberto González na reunión da Xunta de Goberno Local celebrada no día de onte.

Foi esta unha das medidas anunciadas no último pleno, celebrado a semana pasada. Un pleno no que o goberno municipal daba conta das iniciativas que se están a levar a cabo tanto de apoio aos sectores económicos como no ámbito dos servizos sociais.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral da casa consistorial e, aprobadas, descontarase o importe correspondente ao periodo de cese de actividade. Esta medida súmase ao desconto que xa aplica Viaqua e, con ela, o alcalde, Alberto González, explica que o Concello quere axudar a aliviar as cargas fiscais que soportan os negocios locais.

Así mesmo, dende o Concello lémbrase que en Valdoviño non existe tasa por instalación de terrazas en dominio público, co que ningún establecemento está a abonar cuantía algunha.

Relacionadas