«ValdoAntídotos» contra a desesperanza

O Concello de Valdoviño pon en marcha este proxecto creativo para levantar o ánimo aos veciños durante o confinamento
1584212681_766717_1584214282_rrss_normal

O Concello, a través da Concellería de Cultura, vén de poñer en marcha «ValdoAntídotos» contra o coronavirus. Un proxecto que amadriña a escritora local Rosa Aneiros dirixido aos nenos e nenas e rapaces e rapazas do municipio. Con esta iniciativa, preténdese combater a segunda pandemia derivada do COVID-19, a pandemia da tristeza, o aburrimento e a desesperanza que asola a moitas persoas soas, enfermas ou preocupadas por un futuro incerto. Para combatila, o Concello quere pedir a axuda da veciñanza máis nova e solicítalles que constrúan os seus ValdoAntídotos.

Pero, ¿que son os ValdoAntídotos? Son mensaxes de ánimo e esperanza en forma de contos, debuxos, manualidades, cancións, cartas a amigos reflexións ou calquera outra forma de creación é válida neste proxecto. Feito isto, é preciso compartilo é, para iso, o Concello propón varias fórmulas: enviar as imaxes, vídeos ou escritos a través do correo [email protected]; do Whatsapp 649 34 75 60 ou subilas a redes etiquetando ao Concello (@concellodevaldovino).

Porque como ben sinala Rosa Aneiros «a vida, compartida, é mellor». Neste proxecto contra a desesperanza  tamén colaboran o CPI Atios, as escola unitarias do CRA O Esquío, a Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia e o Océano Surf Museo.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.