Valdoviño aposta pola enerxía renovable para o cambio de equipamentos deportivos

O concello investiu máis de 83.000 euros no Pavillón do Longoiro e no campo de fútbol de Mourente, unhas actuacións que permitirán reducir o consumo enerxético e as emisións contaminantes
O Concello de Valdoviño completou as obras de mellora da eficiencia enerxética no Pavillón do Longoiro e no campo de fútbol de Mourente | Concello de Valdoviño
O Concello de Valdoviño completou as obras de mellora da eficiencia enerxética no Pavillón do Longoiro e no campo de fútbol de Mourente | Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño completou as obras de mellora da eficiencia enerxética no Pavillón do Longoiro e no campo de fútbol de Mourente, onde as antigas caldeiras de gas natural foron substituídas por sistemas de aerotermia para a produción de auga quente sanitaria.

A actuación forma parte da aposta municipal pola incorporación de fontes de enerxía renovables nos equipamentos públicos e supón, segundo o Concello, unha mellora tanto desde o punto de vista ambiental como no consumo enerxético das instalacións deportivas.

Máis de 83.000 euros de investimento

As obras supuxeron un investimento de algo máis de 83.000 euros para renovar as instalacións destinadas a abastecer de auga quente os vestiarios dos dous equipamentos.

En cada un dos edificios instaláronse dúas bombas de calor e dous acumuladores, cunha capacidade de 750 e 1.000 litros, respectivamente. Deste xeito, as antigas instalacións alimentadas con gas natural dan paso a un sistema centralizado de aerotermia.

Un sistema máis eficiente

A aerotermia permite aproveitar a enerxía renovable presente no aire para xerar auga quente e presenta un menor consumo enerxético fronte ás antigas caldeiras de gas. Segundo os datos facilitados polo Concello, as novas bombas de calor poden reducir ata un 75% o consumo eléctrico necesario para funcionar.

A renovación tamén contribúe a diminuír as emisións contaminantes e elimina os riscos asociados á combustión, ao prescindir das antigas caldeiras de gas.

Unha actuación con apoio do INEGA

Para financiar parte das actuacións, o Concello de Valdoviño conseguiu unha axuda de 48.344 euros, correspondente a 24.172 euros por cada intervención.

A subvención foi concedida ao abeiro da convocatoria do INEGA para proxectos de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, financiada polo Goberno de España no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.