Valdoviño desprega un amplo operativo para garantir a seguridade durante a eclipse

Preto de 50 persoas participarán este mércores, 12 de agosto, no dispositivo municipal, que reforzará a seguridade, regulará o tráfico e controlará os accesos ás zonas de maior afluencia, especialmente na contorna da praia da Frouxeira
O alcalde, Alberto González, presidía a finais da semana pasara unha reunión preparatoria coa participación dos edís de Planificación Territorial e Servizos, Sergio Saavedra e Benito Vega, respectivamente, e os responsables de Policía Local, Protección Civil | Concello de Valdoviño
O alcalde, Alberto González, presidía a finais da semana pasara unha reunión preparatoria coa participación dos edís de Planificación Territorial e Servizos, Sergio Saavedra e Benito Vega, respectivamente, e os responsables de Policía Local, Protección Civil | Concello de Valdoviño

Valdoviño prepárase para a chegada da eclipse solar deste mércores 12 de agosto cun amplo dispositivo de seguridade e mobilidade. O Concello prevé unha importante afluencia de veciños e visitantes, especialmente na franxa litoral, polo que mobilizará preto de 50 persoas para garantir o normal desenvolvemento da xornada.

O operativo implicará diferentes servizos municipais e contará tamén co apoio da Garda Civil de Valdoviño e da Policía Portuaria, no ámbito da súa competencia na zona do faro.

Restricións de tráfico e accesos

O dispositivo contempla restricións ao acceso rodado en zonas sensibles, así como medidas específicas para regular o tráfico e os estacionamentos. Tamén se reforzará a presenza dos servizos de socorrismo nos areais e se manterá un seguimento permanente da situación.

Entre os puntos nos que se aplicarán restricións figuran as baterías de Campelo, a estrada da Costa entre Valdoviño e Marnela e o tramo entre O Baleo e A Veiga. Tamén estarán limitados os accesos aos camiños que conducen a espazos costeiros como Punta Frouxeira, Porto Carrizo, O Baleo e Punta Chirlateira.

Ademais, os accesos ao parque eólico permanecerán pechados durante o operativo.

Prohibido o baño durante a eclipse

O Concello lembra tamén que estará prohibido o baño nos areais durante a eclipse, agás naquelas zonas que poidan ser habilitadas especificamente polo servizo de socorrismo.

Do mesmo xeito, quedará prohibido o acceso peonil aos cantís e ás antigas construcións militares de Campelo e Punta Frouxeira, co obxectivo de evitar situacións de risco ante a previsible concentración de persoas nestes puntos.

O bando municipal establece ademais que, desde este luns, queda prohibida a pernocta en vehículos fóra das zonas habilitadas e autorizadas. Os autobuses, autocaravanas e camións deberán estacionar nas proximidades das estradas autonómicas.

Un dispositivo coordinado

As medidas forman parte do Plan de actuación ante a eclipse do 12 de agosto, aprobado polo Concello o pasado 14 de xullo. A súa aplicación foi revisada nunha reunión preparatoria presidida polo alcalde, Alberto González, na que participaron responsables de Planificación Territorial e Servizos, Policía Local, Protección Civil, socorrismo e obras e mantemento.

O obxectivo é coordinar todos os servizos implicados para garantir tanto a seguridade como a mobilidade durante unha xornada na que se agarda unha importante chegada de público ao litoral de Valdoviño.

A eclipse tamén poderá seguirse por internet

Para aquelas persoas que non poidan achegarse fisicamente á localidade, o Concello ofrece unha alternativa para seguir o fenómeno astronómico.

A cámara web da Frouxeira permitirá observar a eclipse a través de internet e poderá consultarse desde a páxina web municipal.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.