Atreverse a non telo claro

Hai tempo, un amigo mandoume un artigo de Juan José Millás no que falaba da xente que necesita ter razón. Xente que ten que tela e ten que deixar constancia. Que non pode permitir que unha discusión acabe en empate, nin moito menos perdela; que ten que seguir e seguir ata gañala. Eu coido que […]
Só a cor (un relato)

A avoa non sabe de que marca é o coche, só a cor, vermella, e o ben que se vai nel, polo menos diante, onde sempre a manda ir a ela, ti aí, avoa, de copiloto, iso lle di, e tanto lle dá que se negue coma que non, el insiste, e ela acepta, aínda […]
A inquietude

Hai momentos do día nos que fago un repaso mental das frontes que teño abertas, dos problemas pendentes. Coma calquera, supoño. Miro se todo está en orde ou hai –como diría Paul McCartney- sombras colgando sobre min. Este repaso ás veces é voluntario, como polas mañás ou ao deitarme á noite, e outras sáeme só, […]
O Románico na Comarca Eumesa

Co título O Románico na Comarca Eumesa, don Álvaro Vázquez Penedo, mestre de Pontedeume, publicou na imprenta López Torre un pequeno libro dedicado aos alumnos de Pontedeume que durante corenta anos pasaran pola súa clase, como unha lección máis. O libro, editado en 1977 e reeditado en 1986, tiña como mérito engadido o incluír tradución […]
Avaliación continua

Ás veces penso que a miña sensación de decepción naceu no funeral da miña tía Maruja a da aldea. Benito, o seu home, estaba desfeito e non paraba de chorar. Pero, aínda así, despóis do enterro contou varias veces a impresión que lle fixera eu uns anos antes, unha vez que viñeran os dous a […]
Algúns apuntamentos sobre o 18F

Alfonso Rueda estreouse como candidato o pasado domingo blindando ao PPdeG cunha quinta maioría absoluta consecutiva. Moitos son os mitos que caeron con esta vitoria inapelable, o primeiro deles o que aseguraba que unha maior participación (un 8,3% máis sen contar o voto emigrante) favorece á esquerda. Os de Rueda perderon dous escanos, pero obtiveron […]
O Teixo de Pontedeume: unha árbore espectáculo

De poucas árbores se ocupou tanto a prensa como do Teixo da finca da familia Tenreiro; unha árbore centenaria que no 2019 foi sacado do Catálogo Galego de árbores senlleiras, despois de que en 2012 a Estación Fitopatolóxica de Areeiro certificase a súa defunción. Pero a súa fama non se debeu tanto a un interese […]
Eleccións na illa

Agora resulta que somos unha Illa. De estabilidade, claro está. Que eramos un sitio distinto xa quedou dito hai moitos anos. É posible que chegue o día no que sexamos definidos como un non-lugar, como un espazo sen identidade e ahistórico, alleo ás correntes do mundo. Nada nos sorprende e nos estraña. Xa hai ben […]
Promotora Sumar Galicia: AGE, parte catro

Declárome culpable. Culpable de escoitar durante tempo os cantos de serea de Yolanda Díaz e de xustificar que aproveitase os ciclos das mareas electorais á súa conveniencia para así pasar de ser concelleira en Ferrol a vicepresidenta do Goberno e deixando polo camiño unha interminable listaxe de damnificados que non para de medrar. Todo o […]
Co sabido, sabido

Saio á rúa, as nove da noite, a acompañar aos meus fillos. Remataron as vacacións de Nadal. Vai moito frío, os coches aparcados están xa cubertos pola xeada. Moito me gustaban eses días de inverno cando vivía en Madrid, fríos e secos, nos que polas mañás o aire víase limpo. Atrás quedan as tres semanas […]