O domingo acaba todo

Seguro que se ten dito moitas veces e de xeitos moi distintos, pero eu lino na —durísima e magnífica— novela de Cormac McCarthy, Meridiano de sangue: “Hai menos ledicia na taberna que no camiño que leva a ela”. A idea é sinxela: as expectativas, a ilusión do que vai vir, adoitan ser mellores do que […]
Non che gusta a praia?

Hoxe, xa mediados de xullo, fun á praia por primeira vez neste verán. Fomos ao centro de Doniños, moi cedo, non pasaban das dez e media cando chegamos. Non había case ninguén. Estaba algo cuberto e non facía moita calor. Levamos cadeiras, algo novo para min, e sentei cara o mar, gris, verde e anil, […]
Libros na vila

Onte, volvendo de Madrid, paramos a comer nun pobo de Valladolid, Urueña, que foi a primeira das chamadas Vilas do Libro de España. A primeira do mundo foi a galesa Hay-on-Wye, pero hai moitas noutros países, sobre todo europeos. Veñen sendo iso, vilas, normalmente pequenas, nas que se decide promocionar todo o relacionado cos libros […]
Viaxe con choiva

Sábado pola mañá. Estou lendo eu so nunha terraza na rúa Real, cun café. Aínda por riba, chove. Sinto a choiva, moi forte nalgúns momentos, e sinto de cando en vez, sen mo propoñer, anacos das conversas das outras mesas. Na do meu lado, unha muller (que fala galego coas sete vogais, co que entra, […]
Atreverse a non telo claro

Hai tempo, un amigo mandoume un artigo de Juan José Millás no que falaba da xente que necesita ter razón. Xente que ten que tela e ten que deixar constancia. Que non pode permitir que unha discusión acabe en empate, nin moito menos perdela; que ten que seguir e seguir ata gañala. Eu coido que […]
A inquietude

Hai momentos do día nos que fago un repaso mental das frontes que teño abertas, dos problemas pendentes. Coma calquera, supoño. Miro se todo está en orde ou hai –como diría Paul McCartney- sombras colgando sobre min. Este repaso ás veces é voluntario, como polas mañás ou ao deitarme á noite, e outras sáeme só, […]
Avaliación continua

Ás veces penso que a miña sensación de decepción naceu no funeral da miña tía Maruja a da aldea. Benito, o seu home, estaba desfeito e non paraba de chorar. Pero, aínda así, despóis do enterro contou varias veces a impresión que lle fixera eu uns anos antes, unha vez que viñeran os dous a […]
Co sabido, sabido

Saio á rúa, as nove da noite, a acompañar aos meus fillos. Remataron as vacacións de Nadal. Vai moito frío, os coches aparcados están xa cubertos pola xeada. Moito me gustaban eses días de inverno cando vivía en Madrid, fríos e secos, nos que polas mañás o aire víase limpo. Atrás quedan as tres semanas […]
Dá vergoña queixarse

O mundo, independentemente de si cremos que co tempo foi mellorando ou que está cada vez peor, ofrécenos demasiados exemplos de desgrazas. Demasiada xente vivindo na pobreza, pasando fame, ou medo, escapando mentres poden ou morrendo cando non. Demasiados conflitos, afastados ou próximos, enquistados, xa case crónicos, ou recentes. Demasiados horrores, niveis de sufrimento que non […]
O dous de novembro, por exemplo

O dous de novembro, un día despois do mandado, visitei Catabois. Saín de tomar un café na casa dos meus pais e fun ao cemiterio có meu fillo. Fomos ver aos seus bisavós. Non resultou unha visita triste, aínda que podería telo sido, se eu me deixo levar. Pero non quixen, e puxen freo ás […]