A Illa de Arousa reconvertirá un edificio vinculado ao narcotraficante Marcial Dorado en vivenda pública

Unha vez completados os trámites administrativos, o Concello prevé incorporar as vivendas ao sistema público de alugueiro
O edificio do narcotraficante Marcial Dorado con quince vivendas | @LUIS_AROSA
O edificio do narcotraficante Marcial Dorado con quince vivendas | @LUIS_AROSA

O Concello da Illa de Arousa dará un paso adiante na ampliación do seu parque residencial coa adquisición dun edificio decomisado ao narcotraficante Marcial Dorado. O inmoble, composto por quince vivendas, pasará a formar parte do patrimonio público municipal coa finalidade de facilitar o acceso á vivenda a persoas e familias do municipio.

O alcalde, Luís Arosa, puxo en valor o carácter social da medida e subliñou que a reconversión do edificio representa tamén unha forma de reparar, dende o ámbito institucional, os efectos que o narcotráfico tivo sobre a sociedade galega. Segundo indicou, a iniciativa permite «transformar un símbolo ligado a unha etapa escura da historia recente nun recurso útil para a cidadanía«.

A adquisición realízase nun contexto de crecente dificultade para acceder á vivenda na Illa de Arousa, especialmente entre a xente nova e os colectivos con menores recursos. O executivo municipal considera que a incorporación destas quince vivendas contribuirá a aliviar parcialmente esta situación e favorecerá a fixación de poboación no municipio.

Unha vez completados os trámites administrativos, o Concello prevé incorporar as vivendas ao sistema público de alugueiro, co obxectivo de poñelas á disposición da veciñanza conforme aos criterios que se establezan para a súa adxudicación.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.