A Inmaculada de Asorey volve lucir coma nos seus inicios na Estrada

Os veciños da Estrada participaron económicamente na adquisición da escultura, de aí que teña ademais un importante valor para eles
BeFunky-collage-11

Tras anos onde a escultura situada fronte á Igrexa de San Paio acumulou sucidade, a Inmaculada volve lucir coma no 1956, ano onde o cambadés Francisco Asorey construiu a peza con motivo do Ano mariano.

A actuación que contou coa axuda da Xunta de Galicia cunha inversión de 18.000 euros, permitiu eliminar a sucidade, colonización biolóxica, manchas derivadas dos fumes de combustión, a erosión superficial e pequenas fisuras que foron formándose ao longo dos anos. Aínda que estas alteracións non comprometían de forma relevante a estructura, afectaron ao seu estado de conservación e a súa apariencia.

A Inmculada de Asorey foi adquirida moitos anos atrás grazas tamén a participación económica dos veciños da Estrada, de aí que ademais teña un valor moi especial para o lugar. A obra está incluida no Plan Xeral de Ordenación Municipal e constitúe un dos elementos máis recoñecibles da paisaxe urbana estradense e do patrimonio artístico local, tal e como recordou durante a inauguración da nova versión o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude José López Campos.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.