Os concellos de A Pobra de Trives e Manzaneda veñen de impulsar una candidatura conxunta para obter a certificación de Destino Turístico Starlight debido á baixa contaminación lumínica dos seus ceos e por ende á gran posibilidad de contemplación astronómica.
A iniciativa conta co traballo técnico da Estación de Montaña Cabeza Grande de Manzaneda, así como da financiación de Turismo de Galicia. O seu obxectivo principal é poñer en valor a calidade do ceo nocturno da comarca mediante a colaboración das administracións e entidades.

Dende as institucións aseguran que o eclipse solar do 12 de agosto será unha oportunidade inmellorable para poñer de manifesto o potencial destes territorios para o astroturismo. Ambos lugares reúnen as condicións ideais, con gran altitude, baixa contaminación lumínica e excelente calidade do ceo, o que forma a triada perfecta para a observación dos distintos fenómenos astronómicos.
Galicia xá e Starlight
Os Destinos Turísticos Starlight recoñecen aqueles lugares que gozan de moi boas condicións para a contemplación de ceos estrelados. Para acadar esta diferenciación, os lugares non só deben acreditar a calidade dos seus ceos e os medios para a súa protección, tamén deben contar coas infraestruturas e actividades adecuadas para o turismo na zona (aloxamentos, medios de observación para os visitantes, persoal formado na interpretación astronómica, etc). No caso de que o lugar non goze disto, tamén valoran a posibilidade de desenvolvemento no futuro.
A Fundación Starlight está vinculada ao Instituto Astrofísico de Canarias e está apoiada pola UNESCO, a Organización Mundial do Turismo (UNWTO) e a Unión Astronómica Internacional (IAU).
A día de hoxe, Galicia conta nove destinos Starlight: o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia; a Costa da Morte; Trevinca-Valdeorras; Muras; Lalín; Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas; Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e montes de Navia, Cervantes e Becerreá; Chantada e os ceos de Fornelos de Montes e Oia.

Desta maneira, se A Pobra de Trives e Manzaneda consiguen a certificación Starlight, pasarían a formar parte desta listaxe e permitirían reforzar a promoción turística da comarca ourensá, xa moi consolidada arredor da natureza, o deporte, o patrimonio, a gastronomía, o turismo activo e a Estación de Montaña Cabeza Grande de Manzaneda. É un proxecto que mira cara o futuro do territorio buscando atraer a máis turistas ao ano.