A ‘Santa’ de Asorey regresa definitivamente a Galicia

A recepción da obra coincide co centinario da súa creación sendo clave para entender a importancia e historia da emigración galega
A Santa Asorey

A mañá do 28 de xullo, a escultura do galego Francisco Asorey foi recibida por parte do presidente da Xunta Alfonso Rueda, a alcaldesa de Santiago de Compostela Goretti Sanmartín, o conselleiro de cultura José López Campos así como por outros convidados.

A obra regresou definitivamente a Galicia onde poderá visitarse na capital galega, concretamente no Museo Gaiás da Cidade da Cultura. Nela represéntase a unha labradora espida cun xugo sobre os seus ombros, dándolle isto un gran valor histórico e artístico en Galicia.

Aínda que a escultura foi creada no 1926, fai 100 anos, foi mercada e trasladada fóra de Galicia en 1951. A colectividade galega emigrante que vivía en Montevideo mercou a obra e desta maneira a ‘Santa’ puido verse durante máis de sete décadas na Casa de Galicia da capital uruguaia.

A obra «Santa» de Asorey no Museo Gaiás da Cidade da Cultura | XUNTA DE GALICIA

Sen embargo, no 2022, o Goberno autonómico adquiriu a figura no marco do proceso concursal da institución galega en Montevideo, adquirindo tamén outros fondos documentais e bibliográficos. Nese momento, a obra ía pasar ao Museo Zorrilla de Montevideo pero decidiron trasladala a Galicia para garantir a súa adoitada contextualización e estudo.

Será a segunda vez que a obra poda verse na capital, pois fora exposta por motivo da exposición ‘Galicia’ coa que recibira máis de 46.000 visitas na Cidade da Cultura. Agora, o seu traslado constitúe «o primeiro paso, a primeira pedra porque esta escultura representa perfectamente ese Galicia da que nos sentimos tan orgullosos, e que nos permite mirar para o futuro sen perder nunca de vista o lugar do que vimos», tal e como explicou López Campos no recibimento da peza.

Doutra banda, o director do Museo de arte contemporáneo de Vigo, Miguel Fernández-Cid desvelou durante a xornada que hai outra escultura de Asorey, ‘A naciña‘, que «probablemente, en breve tamén esté en disposición de vir». Polo de agora toca desfrutar desta nova xoia do patrimonio galego.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.