Coincidindo co centenario da súa creación, a obra do escultor galego a «Santa» poderá desfrutarse de maneira permanente na Cidade da Cultura tras estar durante máis de sete décadas en Montevideo.
Tras ser presentada en 1926 na Exposición Nacional de Bellas Artes de Madrid, a obra foi adquirida en 1951 pola colectividade galega emigrante en Montevideo. Ante isto, en 2022 o Goberno galego adquiriu a figura no marco do proceso concursal da Casa de Galicia en Montevideo. Ademais, a Xunta de Galicia adquiriu máis bens entre os que se inclúen fondos documentais e bibliográficos.
Naquel momento, acordárase que a peza pasase a exhibirse no Museo Zorilla en Montevideo pero, finalmente decidiron que fose trasladada a Galicia para garantir a súa adecuada contextualización, estudo e contemplación por parte do público.

A obra trátase dunha das pezas clave para comprender a traxectoria de Asorey así como a escultura galega do século XX. O seu traslado permite entender tamén a memoria artística e a emigración galega así como a cultura de Galicia no primeiro tercio do século pasado.
A «Santa» de Asorey xa pudo verse en Santiago de Compostela pola exposición Galicia, e recibira máis de 46.000 visitas. A colaboración insitucional entre a Xunta de Galicia, o Goberno de Uruguai e a dirección do Museo Zorilla foron claves para poder trasladar a obra do artista cambadés Francisco Asorey ao lugar onde viviu e morreu.
