Artesanía eumesa para vestir a Rodrigo Cuevas: unha monteira de Julia Vilariño

A deseñadora de Pontedeume vén de crear unha monteira reinterpretada, 'Vilariño ao aire', coa que revisita este sombreiro tradicional con materiais e técnicas innovadoras
Rodrigo Cuevas Julia Vilariño monteira

A artesanía galega volve situarse no mapa da creación contemporánea grazas á colaboración entre a deseñadora eumesa Julia Vilariño e o artista Rodrigo Cuevas. A creadora compartiu recentemente nas súas redes sociais o proceso e a historia detrás dunha peza moi especial: unha monteira reinterpretada pensada para vestir ao coñecido músico.

Na súa publicación, Vilariño amosouse especialmente emocionada polo destino da obra, destacando que non podería imaxinar mellor persoa ca Cuevas para lucila e poñela en valor. A mensaxe viña acompañada de imaxes da artesá xunto ao artista.

Tradición e vangarda nunha mesma creación

A peza, bautizada como ‘Vilariño ao aire’, supón unha revisión contemporánea da monteira tradicional galega. A artesá explicou que decidiu descontextualizala do seu uso tradicional para adaptala á estética actual, apostando por materiais innovadores.

O clásico pano foi substituído por velour de pelo verde, combinado cun ribete de veludo que achega un punto de luxo. Ademais, a monteira foi moldeada a man e ao aire, acadando unha forma asimétrica que lembra ás pezas tradicionais pero cun enfoque moderno.

Técnicas artesás de alto nivel

No apartado decorativo, Vilariño optou polo bordado ao aire, unha técnica propia dos traxes tradicionais de gala. Empregou materiais como soutache, cristal checo e fío de agremán, logrando que a peza non só destaque pola súa reinterpretación, senón tamén polo seu brillo e riqueza ornamental. A colaboración contou tamén coa participación de Zeltia, a quen a artesá agradeceu publicamente a súa implicación na creación.

Pola súa banda, Rodrigo Cuevas respondeu á publicación cunha mensaxe afectuosa, definindo a monteira como unha “peza preciosa”. Vilariño replicou agradecendo o cariño recibido e salientando o valor de que o artista aprecie e se interese polo seu traballo.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.