A pensión media en A Coruña subiu 242 euros mensuales desde 2018

O secretario xeral do PSOE na provincia, Bernardo Fernández, destacou o impacto da revalorización das pensións para o 2023 na provincia
PSOE PROV 030223 (1)

O secretario xeral do PSOE na provincia da Coruña, Bernardo Fernández, asegurou hoxe que “as pensións medias na nosa provincia pasaron desde o ano 2018 de 982 a 1.224 euros”, o que supón un incremento mensual medio de 242 euros. Fernández repasou en rolda de prensa o impacto da revalorización das pensións para o ano 2023 na provincia da Coruña, xunto ás deputadas Montserrat García, Natividad González Laso e Diego Taibo; os senadores Manuel Mirás Franqueira e Xoaquín Fernández Leiceaga, e María José Cebreiro, secretaria de Maiores e Pensionistas na executiva provincial. “Esta subida chega porque saiu adiante a proposta de revalorización socialista, en base ao IPC; de saír adiante a proposta defendida polo PP, o incremento sería só de 4 euros mensuais neste 2023”, afirmou o secretario xeral provincial.

“Estamos nun momento moi complexo para as familias e os pensionistas e temos un goberno sensible con esta situación social e coas persoas con máis necesidades”, apuntou Fernández, que lembrou “as complicacións deste mandato municipal, cunha pandemia, un conflicto en Ucraína e un contexto económico e social complexo” «A situación é cambiante e son necesarias máis medidas, polo que o goberno está a traballar nelas, como pasou coas pensións ou as medidas para os prezos da enerxía”, engadiu.

“Quero facer un exercicio de memoria, lembrando o que fai agora este goberno socialista e o que fixo un goberno do PP hai uns dez anos na anterior crise, deixando literalmente á xente na rúa”, manifestou Fernández. “Acádaronse fondos europeos e desde hai meses este goberno aplica numerosas medidas para facer fronte ao contexto social, un camiño que continuará nas próximas datas”, rematou o secretario xeral provincial.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.