Estas son todas as mobilizacións en Galicia polo Primeiro de Maio, Día Internacional do Traballo

Os principais sindicatos e organizacións convocan manifestacións en toda a comunidade para reivindicar os dereitos dos traballadores sen esquecer a situación xeopolítica
Imaxe de arquivo dunha manifestación da CIG o Primeiro de Maio, Día Internacional do Traballo | CIG
Imaxe de arquivo dunha manifestación da CIG o Primeiro de Maio, Día Internacional do Traballo | CIG

Galicia volverá encher as rúas este 1 de maio con motivo do Día Internacional do Traballo, nunha xornada marcada pola mobilización sindical e social en defensa dos dereitos laborais, a democracia e a mellora das condicións de vida da clase traballadora. As principais organizacións sindicais e colectivos convocan manifestacións en múltiples cidades e vilas do país, con mensaxes que van desde a loita polos salarios e a vivenda ata a denuncia do contexto internacional e político.

Un Primeiro de Maio marcado pola defensa dos dereitos e da democracia

UGT e CCOO fan un chamamento á participación baixo o lema “Dereitos, non trincheiras. Salarios, vivenda e democracia”, nun momento que cualifican de decisivo tanto para as condicións de vida da clase traballadora como para a propia calidade democrática. Ambas organizacións sitúan no centro das reivindicacións cuestións como a redución da xornada laboral, a mellora dos salarios, o acceso á vivenda, a igualdade ou o fortalecemento dos servizos públicos.

PUBLICIDAD

O acto central destas centrais sindicais terá lugar na Coruña, onde se celebrará a manifestación principal coa presenza das súas direccións galegas. Ademais, lembran que o Primeiro de Maio tamén debe servir como unha chamada internacional pola paz, fronte á guerra, o militarismo e o cuestionamento dos dereitos humanos.

A CIG sitúa o foco na situación política e social en Galicia

Pola súa banda, a CIG traslada este ano o seu acto central a Lugo, nun contexto que define como de “especial gravidade” pola situación política e social en Galicia. A central nacionalista denuncia unha deriva “autoritaria e antidemocrática” e chama á mobilización masiva para frear o avance do que consideran políticas regresivas e recortes de dereitos.

A Mocidade Socialista tamén sae á rúa

A Coordinadora da Mocidade Socialista convoca en Santiago de Compostela unha mobilización propia, coa que pretende activar á mocidade traballadora galega fronte ao militarismo, o avance da extrema dereita e as condicións de precariedade.

Manifestacións dos sindicatos e entidades

CIG

A Confederación Intersindical Galega convoca arredor de vinte mobilizacións por todo o país. O acto central será en Lugo (12:00 horas, desde o Edificio Sindical). Ademais, destacan:

  • Lugo (acto central): 12:00 horas (Edificio Sindical, Ronda da Muralla)
  • Vigo: 12:00 horas (Cruce da Dobrada)
  • A Coruña: 12:00 horas (Praza de Vigo)
  • Ferrol: 12:00 horas (Local Sindical, Esteiro)
  • Ourense: 11:30 horas (Praza Maior)
  • Pontevedra: 12:00 horas (Pasantería)
  • Santiago de Compostela: 12:00 horas (Praza Roxa)
  • A Estrada: 12:00 horas (Praza do Mercado)
  • A Guarda: 12:00 horas (Praza Avelino Vicente)
  • As Pontes: 12:00 horas (Praza de América)
  • Cangas: 18:00 horas (desde o Concello)
  • Carballo: 12:00 horas (Praza do Concello)
  • Cee: 12:00 horas (Praza de Otero Lastres)
  • Foz: 12:00 horas (Praza de Galiza)
  • Monforte: 12:00 hhoras (Praza de España)
  • O Porriño: 12:00 horash (Praza do Concello)
  • Ribeira: 12:00 horas (Mercado Municipal)
  • Verín: 12:00 horas (Praza do Concello)
  • Vilagarcía: 11:30 horas (Avda. da Mariña)
  • Vilamartín de Valdeorras: 12:00 horas (Praza José Luís Núñez)

UGT e CCOO (mobilizacións conxuntas)

As dúas centrais convocan manifestacións conxuntas nas principais cidades galegas, con acto central na Coruña:

  • A Coruña: 12:00 (Praza da Palloza)
  • Ferrol: 12:00 (Praza do Inferniño)
  • Santiago: 12:00 (Alameda)
  • Lugo: 12:30 (Casa Sindical)
  • Ourense: 12:00 (Subdelegación do Goberno)
  • Pontevedra: 13:00 (Praza da Ferrería)
  • Vigo: 12:00 (Barco de Coia – Alfageme)
  • Vilagarcía: 12:00 (Praza de Ravella)

Ademais das manifestacións, tamén están previstos actos previos como ofrendas florais en varias cidades, segundo recolle o programa oficial.

Coordinadora da Mocidade Socialista

A organización xuvenil convoca unha mobilización nacional en Santiago de Compostela, que partirá da Praza Roxa ás 19:30 horas.

Trátase da primeira convocatoria propia da entidade neste día, coa que buscan mobilizar á mocidade traballadora galega e facer fronte ao avance do militarismo e da extrema dereita, reivindicando a organización política da xuventude en clave socialista.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.