Galicia encárase a un outono máis calido e húmido tras un verán de récord histórico

As tres ondas de calor que afectaron Galicia contribuíron a un trimestre de temperaturas moi elevadas e a unha insolación case récord
Un marcador con 39 graos na cidade de Ourense | ARQUIVO
Un marcador con 39 graos na cidade de Ourense | ARQUIVO

Galicia despedirá un verán excepcionalmente cálido para dar paso a un outono que, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), será máis quente e máis chuvioso do habitual despois dun balance climatolóxico que confirma que a estación estival de 2026 foi a máis cálida desde que existen rexistros en 1961.

Un verán extremo: calor persistente e tres ondas de calor

As temperaturas de xuño e xullo foron moi cálidos tanto no interior como na costa. En moitos puntos superáronse os 40 graos a finais de xuño, e cidades como A Coruña rexistraron valores case históricos con 35,9ºC. As noites tropicais, con mínimas por riba dos 20 graos convertéronse nun fenómeno recorrente en toda a comunidade.

O pico deste quecemento xeral na fin de semana de San Xoán | ARQUIVO

O verán estivo marcado tamén por tres ondas de calor que afectaron Galicia de maneira menos intensa que ao resto da Península, pero que contribuíron a un trimestre de temperaturas moi elevadas e unha insolación case récord. En canto ás precipitacións, xuño e xullo foron moi secos, mentres que agosto rompeu a tendencia cun episodia de chuvias intensas nos últimos dez días. Aínda así o balance do verán mantense deficitario e a comunidade continúa vivindo das rendas dun inverno moi chuvioso.

O que vén: un outono cálido e con máis chuvias

A primeira metade de setembro está a ser máis calida e máis seca do normal, e non se agardan precipitacións relevantes ata outubro. A Aemet prevé que outubro, novembro e decembro presenten temperaturas superiores ás habituais en Galicia. No referente á chuvia, a axencia apunta unha maior probabilidade de que o trimestre sexa máis húmido do normal, especialmente na vertente atlántica.

O lago das Pontes durante o verán | CONCELLO DAS PONTES

El Niño e fenómenos extremos

O delegado da Aemet tamén alertou da intensificación do fenómeno El Niño, que está a provocar eventos meteorolóxicos máis extremos a nivel global. Este episodio podería derivar en temperaturas máis altas, períodos de seca e precipitacións moi intensas, con impacto directo nas zonas tropicais e efecos indirectos en latitudes medias como Galicia.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.