Galicia mobilízase este sábado pola vivenda con protestas en distintas cidades

Nun contexto con acampadas, concentracións e críticas ás administracións pola falta de respostas contundentes lémbrase que o problema é “estrutural”
A Coruña nunha das súas manifestacións pola vivenda | @SINDICATO_DE_VIVENDA_DA_CORUNA
A Coruña nunha das súas manifestacións pola vivenda | @SINDICATO_DE_VIVENDA_DA_CORUNA

Galicia vivirá este sábado unha nova xornada de mobilizacións polo dereito á vivenda, impulsadas polo Sindicato de Inquilinas e diversas plataformas cidadás que reclaman «solucións permanentes» fronte á crise habitacional que atravesa o país. As convocatorias chegan tras varios días de protestas e coa acampada indefinida instalada na praza do Obradoiro, que se converteu no epicentro simbólico da reivindicación.

Vigo manifestación tras o sucedido con Mari Carme en Madrid | @SINDICATO_DE_INQUILINAS_VIGO

Santiago, Vigo, A Coruña e Lugo serán as cidades da protesta

O Sindicato de Vivenda de Compostela chama a concentrarse este sábado ás 12.00 horas na Praza do Obradoiro, onde continúa a acampada iniciada o mércores tras o desaloxo na estación intermodal. A protesta mantén o foco na falta de medidas estruturais e na escalaza dos prezos do alugueiro.

En Vigo, a plataforma Alianza pola Vivenda convoca unha manifestación ás 19:00 horas, con saída no cruce de Vía Norte e Urzáiz e chegada á Porta do Sol. A organización critica que os decretos aprobados polo Goberno teñen un carácter «temporal» e resultan «insuficientes», polo que anima a participar para avanzar na materialización do dereito a un teito.

A Coruña manifestándose na Praza de María Pita | @SINDICATO_DE_VIVENDA_DA_CORUNA

Na Coruña, o Sindicato de Vivenda convoca outra marcha ás 19:00 horas, dende a Ronda de Outeiro con Avenida das Conchiñas ata a Subdelegación do Goberno, baixo o lema «Contra o rentismo, pola folga xeral» e en Lugo, está prevista unha concentración ás 19.00 horas diante do Concello para reclamar políticas públicas que freen a precarización residencial.

Pontevedra, a cidade que se mobilizará o luns

A mobilización esténdese máis alá do sábado: en Pontevedra haberá unha concentración o luns ás 20.00 horas, na Praza da Peregrina, movida por unha plataforma cidadá que alerta da «alarmante situación habitacional» na cidade.

Así, as protestas chegan nun contexto de forte presión social, con acampadas, concentracións e críticas ás administracións pola falta de respostas contundentes. As plataformas lembran que o problema da vivenda é “estrutural” e que a cidadanía “está a demostrar que o poder está na rúa”.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.