Cando chega agosto hai unha cousa clara: altas temperaturas e prais cheas. Sen embargo, a natureza é moi sabia e permite desfrutar do verán sen grandes aglomeracións e con mellores condicións climáticas en moitos dos seus rincóns.
Ante isto, a revista National Geographic ven de elaborar unha lista coas«sete marabillas marcadas por auga para desfrutar deste agosto», é dicir, un listado onde recolle sete fenómenos naturais que tal e como din eles «obrigan a pechar con chave e lanzarse á aventura». E, entre todos estes lugares un deles é, nin máis nin menos, que galego.
Trátase do Monte Louro e a Lagoas das Xarfas, situados no municipio coruñés de Muros. Tal e como indica a publicación, o Monte Louro é un inselberg, é dicir, un afloramento rochoso de granito que se eleva ata alcanzar os 239 metros de altura. O monte está recoñecido como Punto de Interese Xeolóxico pertencendo ademais as aguas que o rodean a unha Reserva Mariña de Interese Pesqueiro.

Doutra banda está a Lagoa das Xarfas, a cal a revista asegura ser «o verdadeiro prodixio». Esta é unha lagoa litoral encaixada entre o monte e o mar e separada do océano polas dunas da praia de Area Maior. O humedal está rodeado por vexetación e un pequeno bosque inundable.
Cabe destacar que a lagoa e o seu entorno forman un importante e delicado ecosistema no que conviven diferentes especies animais e vexetais. Entre a súa flora destacan a cebola de mar ou o cardo mariño. E, ademais, tamén é un espacio para as aves como a garzota ou o parrulo cristado.

Xunto a xoia galega poden atoparse no listado: o Risco de Famara, (Lanzarote); El Chorrituelo de Ovejuela (Cáceres); as Lagunas de Ruidera (entre Ciudad Real e Albacete), Sa Dragonera (Mallorca); a praia dos Muertos (Almería) e os Baños de Popea (Córdoba).