O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, tatúase por unha boa causa: «non é a primeira vez, pero é a máis especial»

O alcalde cumpre a súa promesa de tatuarse no Solifest e faino co número 77 en homenaxe a un amigo
El presidente de la Federación Galega de Municipios e Provincias, Alberto Varela, en el Foro Galego Local para la Economía Circular | FEGAMP
El presidente de la Federación Galega de Municipios e Provincias, Alberto Varela, en el Foro Galego Local para la Economía Circular | FEGAMP

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, deixou claro no Solifest deste domingo que cumpre o que promete. Durante a presentación do evento solidario no centro Princesa Letizia anunciouse a instalación dun punto de tatuaxes, e foi aí cando o rexedor asegurou que se animaría a participar, dando pé ao “compromiso” compartido co deputado provincial, Javier Tourís.

E así foi: este domingo Varela materializou aquela promesa feita á veciñanza. Sumouse á iniciativa dos tatuaxes con fins solidarios, unha tendencia que, segundo el mesmo recoñece, non lle é allea, xa que conta con varios tatuaxes e declárase afeccionado a eles.

PUBLICIDAD

Unha tatuaxe con significado

Máis alá de cumprir a súa promesa e de facelo por unha causa solidaria, o xesto tiña tamén unha carga emocional especial. O alcalde explicoulle á Asociación Veciñal Breogán que se trataba dunha homenaxe persoal: “vou tatuar o número 77 en lembranza dun amigo moi afeccionado ao baloncesto que xa non está. Foi o último número co que xogou”.

O Solifest, máis ca unha causa solidaria

Alberto Varela animaba así aos veciños de Vilagarcía a sumarse ás tatuaxes e demais actividades coas que contou o Solifest, un punto de encontro que transforma O Piñeiriño e toda a localidade de Vilagarcía nunha celebración con sentido. Este 2026, o evento cumpría 3 anos, afianzándose como un proxecto nacido da colaboración entre a Asociación de Veciños e Amencer-ASPAC, impulsado pola ilusión colectiva.

A esencia do festival é clara: aproveitar a música, a comida e o ambiente festivo para xerar un impacto real. Todo o que se recauda destínase integramente a apoiar os programas do Centro de Atención Integral Princesa Letizia de Amencer-ASPACE e a manter o seu traballo diario. Cada persoa que participa contribúe directamente a financiar terapias, atención médica, material especializado e actividades que melloran o día a día das persoas con parálise cerebral.

Con todo, SOLIFEST non se queda só na parte solidaria. Tamén pretende dar visibilidade e promover a conciencia social, ofrecendo un espazo onde o lecer e o compromiso conviven. O evento busca derrubar barreiras, cuestionar prexuízos e demostrar que unha sociedade máis inclusiva non só é posible, senón necesaria.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.