O Caudal Fest aposta por La Oreja de Van Gogh como cabeza de cartel

Esta edición conta con outros nomes destacados como Viva Suecia, Sidonie, Niña Polaca, Puño Dragón, Gara Durán ou Rata
La oreja de Van Gogh nun dos seus concertos | @LAOREJADEVANGOGH
La oreja de Van Gogh nun dos seus concertos | @LAOREJADEVANGOGH

O Caudal Fest continúa a dar forma ao seu cartel para 2027 co anuncio de que La Oreja de Van Gogh será o gran cabeza de cartel do festival que se celebrará os días 17 e 18 de setembro no entorno do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

A banda chega a Lugo nun momento que esperta unha forte expectación entre o público tras o regreso de Amaia Montero este ano e a súa xira de reencontro. No Caudal Fest, o grupo repasará case tres décadas de éxitos que marcaron a historia do pop en castelán, segundo destaca a información oficial do festival.

O escenario de La Oreja de Van Gogh nun dos seus últimos concertos | @LAOREJADEVANGOGH

A incorporación de La Oreja de Van Gogh reforza unha edición que xa conta con nomes destacados da escena indie e pop estatal, como Viva Suecia, Sidonie, Niña Polaca, Puño Dragón, Gara Durán ou Rata, artistas confirmados previamente pola organización.

O festival, consolidado como unha das grandes citas musicais do final do verán en Galicia, avanzou que nas próximas semanas se anunciarán novas incorporacións para completar o cartel de 2027 e aposta por artistas de primeiro nivel.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.