O Secadeiro, o restaurante situado en Banzas (Outes, A Coruña), volve poñer no mapa o legume que estivo a piques de desaparecer: o lentellón de Banzas, unha variedade local de lentexa fresca, de pel fina e textura mantecosa, que durante décadas sobreviviu apenas en pequenas hortas familiares. A súa recuperación, impulsada por Fernando Rodríguez e Eva Guzmán, converteuse no eixo dun proxecto gastronómico que hoxe chama a atención dentro e fóra de Galicia.

A recuperación dunha legume única
O restaurante naceu na antiga casa familiar de Eva Guzmán, en Banzas (Outes, A Coruña), un espazo que a parella decidiu transformar nun lugar onde a cociña tivera que ver ca terra. Nese proceso é onde apareceu o lentellón de Banzas.

Esta lentella é un produto que estivo durante anos ligado ao autoconsumo, practicamente fóra dos circuítos comerciais, e chegou a estar case desaparecido. A parella decidiu buscar sementes, estudar o cultivo tradicional e devolverlle espazo na cociña contemporánea. A súa proposta baséase nun único menú vexetal de tempada, que cambia segundo o que ofrece o horto e o calendario agrícola.
O recoñecemento da Guía MICHELIN: unha idea que transforma toda a cociña
A recuperación deste lentellón chamou a atención da Guía MICHELIN, que destaca O Secadeiro como un exemplo de como unha idea pode transformar toda unha proposta gastronómica.
Na selección internacional, a guía subliña que o restaurante ten a capacidade para unir tradición, territorio e innovación. A aposta pola sustentabilidade e polo produto local valeulle ao establecemento unha Estrela Verde MICHELIN, ademais dun Sol Repsol, recoñecementos que consolidan a súa posición entre os restaurantes máis inspiradores do país.