As obras do futuro Parque Termal de Ponte Caldelas seguen avanzando para convertir á localidade en referente termal en Galicia, tal e como transmitía o propio alcalde, Andrés Díaz nestes últimos días. O proxecto, que comezou o primeiro trimestre do ano, está a ser construído lugar nunha parcela na que, dende o século XIX ata principios do século XXI, xa existía un balneario.
E é que, con esta creación, Ponte Caldelas busca recuperar a cultura termal do municipio así como explotar un ben que tamén aportará grandes beneficios económicos á localidade. O complexo estará situado ao carón do río Verdugo e contará con cinco pozas termais con todo tipo de diseños e funcionalidades, das que xa se poden observar grandes avances nas obras.
Un complexo termal sen precedentes
O novo recinto contará con cinco pozas termais, tres destinadas á relaxación e as outras dúas cun carácter máis lúdico. O deseño do complexo inclúe piscinas en forma de balcón e elementos como fervenzas para conseguir integrar a experiencia coa contorna natural.

Doutra banda, tamén terán vestiarios, cafetería, aseos ou almacén, entre outras estancias. Todo pensado para atraer aos visitantes interesados no pasado termal de Ponte Caldelas, pero tamén para que viven unha experiencia única durante a asistencia ao circuíto. Dende o concello prevén conservar a capela existente na zona, que será transformada nun espazo para a divulgación da historia e cultura termal en Galicia.
Nas obras tamén se poden apreciar os primeiros detalles dos xardíns e zonas de descanso que se están a construír dentr o do complexo, o que busca intregrar ao máximo o complexo na contorna do río Verdugo.
1,5 millóns de euros para a tradición termal
O proxecto conta cun orzamento total de 1,5 millóns de euros, dos que a Xunta de Galicia achegou 400.000 euros. Dende o Concello teñen claro que as novas instalacións servirán para dinamizar a economía non só da localidade, senón tamén da contorna, ao tempo que contribuirán a reforzar a oferta turística da provincia de Pontevedra.
A intención do goberno local é que o futuro Parque Termal se converta nun novo atractivo turístico para Ponte Caldelas, aproveitando tanto os recursos termais como o valor natural da contorna do río Verdugo. O complexo permitirá recuperar unha actividade que xa formaba parte da identidade do municipio desde hai máis dun século e darlle unha nova vida adaptada ás necesidades actuais.
Ademais, a posta en marcha destas instalacións podería favorecer a chegada de visitantes durante todo o ano, complementando a oferta turística vinculada á natureza, á gastronomía e ao patrimonio da localidade. A combinación das pozas termais, as zonas axardinadas e os espazos destinados á divulgación da historia do antigo balneario busca crear unha proposta diferenciada dentro da oferta termal galega.
Se os prazos previstos se manteñen, Ponte Caldelas contará o próximo ano cun complexo termal único no seu ámbito, recuperando así unha tradición histórica do municipio e converténdoa nun novo motor para o turismo e a actividade económica local.