Un espectacular mural na Estrada rende homenaxe á Rapa das Bestas

'O home e a besta', do artista vigués Pablo Loyola, recoñece o valor da Rapa das Bestas de Sabucedo, tradición ancestral e Festa de Interese Turístico Internacional
O home a beste mural A Estrada Rapa das Bestas Pablo Loyola

A arte urbana xa ten un novo referente na Estrada. A céntrica Rúa 56 acolle dende esta semana un espectacular mural do artista vigués Pablo Loyola, unha obra que rende homenaxe á histórica Rapa das Bestas de Sabucedo, símbolo cultural do municipio e recoñecida como Festa de Interese Turístico Internacional.

Baixo o título deO home e a besta, a creación mostra a escena dun aloitador sobre un cabalo nun dos momentos máis intensos da tradicional rapa. O mural, situado nun dos accesos á Praza de Galicia, converte esta zona nun novo espazo de referencia para a arte e a identidade estradense.

Un proxecto para transformar espazos públicos con arte

A iniciativa forma parte dun proxecto impulsado polo Concello da Estrada en colaboración coa Deputación de Pontevedra para revitalizar distintos puntos do municipio mediante intervencións artísticas.

O alcalde, Gonzalo Louzao, visitou a zona coincidindo cos últimos retoques da obra e destacou a importancia de poñer en valor unha tradición tan vinculada á historia local. O rexedor definiu o mural como “un tributo á Rapa das Bestas e unha magnífica obra artística” e convidou á veciñanza a achegarse para contemplala.

A mellor hora para contemplar o mural

Aínda que a obra impacta a calquera hora do día, o propio autor recomenda observala dende a parte baixa da Rúa 56 arredor das 19.00 horas, cando a luz do sol incide directamente sobre a fachada e realza os contrastes e detalles da pintura.

Nova homenaxe a Manuel García Barros

A presenza de Pablo Loyola na Estrada continuará nos próximos días cun segundo mural dedicado ao escritor Manuel García Barros. A obra realizarase nun lateral do Teatro Principal coincidindo coa celebración do 150 aniversario do seu nacemento.

Con esta nova creación, o Concello busca lembrar a figura dun dos grandes referentes culturais da comarca nun espazo especialmente ligado á actividade literaria e cultural da vila.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.