Unha praga deixa á Casa Grande de Xanceda sen o seu labirinto ecolóxico

Durante o ano a granxa sufriu dúas pragas que acabaron co campo do millo no que crean o seu ecolabirinto, que se pode desfrutar tanto a pé como a vista de paxaro
BeFunky-collage-7

A Casa Grande de Xanceda non poderá contar este ano co seu tradicional ecolabirinto, unha iniciativa que veñen levando a cabo dende hai anos na que, grazas á agricultura de precisión, crear un labirinto no millo que, ademais de representar unha figura que se pode ver a vista de paxaro, tamén se pode percorrer a pé.

Porén, este ano non se poderá disfrutar: este mércores o seu capataz, Vicente, anunciaba que este ano sería imposible crealo porque «houbo quen o disfrutou moito antes que nós». E quen foi? Pois dúas pragas: a do verme rosquilla, primeiro, e a do verme gusano despois.

Tal e como detallaba, na Casa Grande de Xanceda seguen unha filosofía ecolóxica, polo que utilizan ningún tipo de insecticida. Así, tan só poden empregar o spintor, un produto que «atonta ao gusano para darlle unha oportunidade ao millo para que creza». Aínda así, isto non sempre funciona, como neste caso.

A través do seu vídeo pode verse o destrozo causado no ecolabirinto, unha iniciativa que fan dende hai anos na granxa para que as familias visiten Xanceda e gocen dunha xornada entre a natureza. Iso si, xa están «pensando no do vindeiro ano».

O ecolabirinto de 2025 / CASA GRANDE DE XANCEDA

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.