Miguel Fernández acusa ao PP de «difamar e calumniar ao Concello de Lugo por motivos electoralistas»

Considera gravísimas as acusacións de Antonio Ameijide inculpando ao Goberno local de beneficiar a determinadas persoas con contratos menores cando os procedementos están fiscalizados
mig

O voceiro municipal, Miguel Fernández, acusa ao PP de Lugo de difamar e calumniar tanto ao Goberno local como a profesionais consolidados “por motivos só electoralistas ao afirmar que o Concello beneficia a determinadas persoas con contratos menores cando deberían de saber que todos os procedementos están fiscalizados polos órganos responsables”.

Para o concelleiro, “é lamentable que a campaña electoral do grupo Popular só busque o dano persoal sen ningún tipo de base que a sustente”,  actitude que, a xuízo de Miguel Fernández, “denota o seu nerviosismo ante a calidade da lista presentada polo PSOE ás eleccións deste ano”. Sostén que “curiosamente, ataca a dous profesionais moi consolidados nos seus sectores a pesar da súa xuventude, que teñen todo o dereito do mundo, como o resto de emprendedores e empresarios da cidade, a presentarse aos concurso públicos que abre este Concello ou calquera outra administración”.

No caso do Concello de Lugo, os procedementos desenvolvéronse seguindo todos os parámetros legais, sendo, ademais, a de Lugo, “a única entidade local de Galicia que ten en marcha unha plataforma de contratación, onde calquera pode inscribirse e presentar as súas ofertas”.

O voceiro califica as calumnias e difamacións do PP e do seu voceiro, Antonio Ameijide, como graves xa que se chegan a dar datos de contratos a persoas, como Jorge Bustos, que non cobrou nin unha soa factura do Concello a título persoal, senónque formaba parte dunha empresa que se presentou a varios contratos públicos e que resultou adxudicataria, tras enviar a mellor oferta. E desde o 2020 traballa como autónomo, polo que está totalmente desvinculado dos contratos dos que fala o PP nos anos 2021 e 2022”.

Miguel Fernández pediu, alén, ao PP que rectifique e se desculpe publicamente das súas acusacións.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.