O Concello de Lugo lanza 60 cursos online gratuitos dirixidos ao comercio e a hostalería

Trátase de cursos específicos e directos de 10 horas pensados para profundizar na temática concreta que máis interese a cada empresa
hostekeros

O Concello de Lugo porá en marcha 60 novos cursos de formación, online e totalmente gratuitos, dirixidos ao comercio e a hostalería lucense. Esta iniciativa enmárcase no Plan de fomento do emprendemento e consolidación empresarial, posto en marcha dentro do movemento Localmente Lucense.

“Desde o Concello apostamos pola formación como ferramenta de impulso para os negocios, por iso consideramos que unha boa forma de apoiar aos establecementos de proximidade da cidade é ofrecerlles recursos para que poidan seguir medrando”, apuntou a rexedora.

As pílulas formativas do movemento Localmente Lucense son cursos específicos e directos de curta duración, pensados para profundizar na temática concreta que máis interese a cada empresa. A formación é totalmente online e cada curso ten unha duración de 10 horas, podendo realizarse ata finais de ano. Lara Méndez destacou que “a programación é ampla e variada e inclúe contidos relacionados coa administración e xestión, atención ao cliente, marketing, compras, comunicación, informática, marketing dixital, packaging, promoción ou venta, en outros”. Todos os cursos están compostos por un temario interactivo e unha proba de avaliación.

As persoas encargadas de desenvolver a actividade serán titores expertos docentes en cada área, con formación universitaria e experiencia empresarial e docente, cos que se poderá contactar para resolver posibles dúbidas. As persoas que superen a proba como aptas recibirán un certificado que acredite as horas e a formación recibida.

Os interesados xa poden inscribirse a través da páxina web de Localmente Lucense onde atoparán toda a información. Unha vez completado o rexistro enviaráselles un correo electrónico desde
[email protected] coas claves de acceso á pílula solicitada.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.